As chamadas perdidas manuel rivas biography
As chamadas perdidas manuel rivas biography
As chamadas perdidas manuel rivas biography youtube!
Académicos e académicas
A Coruña, 1957. Escritor e xornalista, é autor dunha obra que se estende ao longo de máis de corenta títulos traducidos a máis vinte linguas que acadaron o recoñecemento do público e da crítica, e que foron levadas ao cine en varias ocasións.
Dono dunha voz moi recoñecible, entre o lirismo e a ironía, as súas creacións retratan a sociedade galega dende o compromiso cívico con cuestións como memoria histórica, a xustiza social e o ecoloxismo.
As chamadas perdidas manuel rivas biography wikipedia
É doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e codirector da revista Luzes.
Nado no barrio coruñés de Monte Alto, estudou primaria na escola Castro de Elviña, e mentres estudaba o bacharelato no Instituto de Monelos principiou a colaborar como meritorio no xornal El Ideal Gallego.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, nesta xeira entrou en contacto cos irmáns Lois e Xosé Manuel Pereiro, cos que formaría o colectivo poético Loia. Canda eles deu ao prelo en 1975 a r